Sunday 19 de May de 2024

Ana Mena regresa ao Coliseum na súa xira ‘Bellodrama 2024’


A cantante actuará o sábado 14 de decembro e as entradas xa están á venda en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense

Ana Mena, unha das artistas máis destacadas do pop nacional, regresará, por segundo ano consecutivo, ao Coliseum da Coruña, dentro da súa xira ‘Bellodrama 2024’, na que presenta o seu segundo disco de estudio, do mesmo nome. O seu concerto será o sábado 14 de decembro, a partir das 22.00 horas. As entradas xa están á venda a través de Ataquilla e do despacho de billetes da praza de Ourense.

O Goberno de Inés Rey busca dinamizar e manter o Coliseum como o principal recinto de Galicia e do noroeste na realización de grandes eventos culturais. O nome de Ana Mena súmase ao de outros grandes artistas como Los Tigres del Norte (5 de abril), Camilo (8 de xuño), Queens of the Stone Age (18 de xuño), Emilia (22 de xuño), Maná (27 de xuño), Manolo García (9 de novembro), Bryan Adams (16 de novembro) e Raphael (30 de novembro). Ademais, o recinto municipal contará coa actuación do humorista Juan Dávila, no marco do Encontro Mundial de Humorismo

Ana Mena presentará na Coruña algúns dos seus últimos grandes éxitos, como son ‘LAS 12’, ‘Música ligera’, ‘Madrid City’ e ‘Quiero decirte’. Tras o grande éxito da súa actuación do pasado 15 de decembro, o Concello da Coruña aposta de novo por unha das artistas españolas que máis discos vende.